A festa de Tacón
Os foguetes estalaban tamén n-os aires semellándonos estar n-a nosa terriña, e relembrando aqueles tempos en qu'ainda non probáramos o acedo pan d'o emigrado. ¡Non sei que sentemento estrano teñen pra min os foguetes! «Eles —como dí O Tio Marcos,— son chamada d'outros tempos pr'os vellos, estrondo de pracer e barullo pr'os mozos e mozas, aviso d'o ceo que sai d'a terra pr'os rapaces.... Os de tres estalos son unha caste de castañolas aéreas tocadas por riseiras e fantásticas virxes que levan por manto o longo espacio, por ollos as estrelas, por alento as arroubadoras brisas.»
N-a tarde de que falo, eran os foguetes á voz d'a Caridá e d'a Pátrea, y-os gallegos entenderon isa misteirosa parola.
LUGRÍS FREIRE, MANUEL
A festa de Tacón
eDixital
A Coruña, 2003