viernes, 13 de marzo de 2020

DICCIONARIO. Tarabela.



TARABELA


2010
Castañola de cana.
Fabrícase fendendo á metade un toco de cana (Arundo donax), duns tres nós de lonxitude, deixando sen abrir o último nó, que será por onde se sosteña o instrumento. A fenda entre nós do segundo tramo amplíase cunha navalla facilitando que as metades en que ficou partido o terzo superior batan unha contra a outra. A castañola de cana sostense coa man esquerda polo tramo sen fender, deixando unha parte que sobresae da palma da man cara abaixo que é onde se bate coa man dereita. Os golpiños da man dereita fan que as metades da parte superior do instrumento choquen e emitan un son moi semellante ao dunha castañola, de aí seu nome.

CARPINTERO ARIAS, PABLO
Consello da cultura galega. 2010







EL MUNDO DE LAS CASTAÑUELAS

Las entradas de este Blog provienen de una antigua página publicada en internet en los años 90. En principio se pretende publicar los conte...