Cap. XXIII
Aa verdá, Catuxa, desque tiña na casa ao señor Rodrigo, parecía que collera algunha mudanza; así é que despois que o físico a reconoceu, e lle tomou o pulso e fixo as mais dilixencias que creyeu do caso, perguntándolle o señor Rodrigo que lle parecía daquela boa moza, e si estaría logo pra poder repinicar unhas casañolas, saeu ela con folgo:
—Ay, señor! as castañolas que hey de repinicar, ou que m' han de repinicar, estanllé no campanario de Santo Domingo.
—Eso xa é, pero tí as mañas vellas non-as habías de perder, e mentras e a voontá de Dios que esteamos neste mundo, non hay romedio sinon repoñerse aa morte.
LÓPEZ FERREIRO, ANTONIO
A tecedeira de Bonaval
Biblioteca Gallega
A Coruña, 1895