CASTAÑOLAS
1993
- S.F. Pl. Castañuelas
CARRÉ ALVARELLOS, LEANDRO
Diccionario Galego-Castellán
A Cruña 1993
.....
2010
Castañetas, castañolas.
Consisten nunha parella de anacos de madeira dura que se labran interiormente de xeito lixeiramente aburatado, para dar maior resonancia ao instrumento, e exteriormente cunha forma máis ou menos redondeada. Normalmente presentan na parte superior unhas orellas onde se practican dous furadiños por onde pasará un cordel ou fita que manterá xunguida a parella de castañetas e permitirá sostelas na man e tocalas. Este cordel ou fita de cores podía ir rematado cunhas periñas de madeira e pásase normalmente sobre o anular e o corazón.
CARPINTERO ARIAS, PABLO
Consello da cultura galega. 2010