viernes, 20 de marzo de 2020

1875. Espiñas, follas e frores. Lamas Carvajal.



LAMAS CARVAJAL, VALENTÍN
Espiñas, follas e frores. Colección e versiños gallegos (Ramiño primeiro)
Ourense, 1875



O FIADEIRO
VI
Comenza a tocal-o chifro
Logo a pandereta sona,
¡Cata que demo!, calados
Quédan cando tal escoitan.
—Peneira ben o pandeiro
Dícelle Xoan a Calrota,
—¡Viva o fiadeiro, e vivan
Os mozos de Santa-Comba!—
Y o pandeiro e pandereta
Y o chifro, y as castañolas
Que despois tañe o que baila,
E facendo duo ás conchas,
Compoñen a leda orquesta
De aquela trullada louca.