▼
domingo, 22 de diciembre de 2019
VILLANCICOS. A Belén.
CASTAÑOLAS
A BELEN
Vamos a Belén, amigos,
vamos que a noite está crara ;
Mingos leve as castañolas,
o seu pandeiro, Pascuala.
¡ Ai que neno tan bonito!
¡Qué cariña tan galana!
Nunca Neno mais hermoso
viron as nosas montañas.
A nai que pareu tal filio
por sempre sexa alabada.
¡Qué cousiña tan garrida,
Ave María de Gracia!
¡ Miña xoya deitadiño
nun pesebre, sobre as pallas
está probiño e desnudo,
un boi, ¡ meu amor! o abafa.
Eu lle daréi pra cubrirse .
a pe do cordeiro, branca;
¡ quen viste o campo de flores
desnudo sofre as escarchas!
Por fin veña unha copiña
que a noite está de xiada;
escorrentemos o frío,
en honra do Neno vaya.
Vamos a Belén, amigos,
vamos que a noite está erara ;
Mingos leve as castañolas,
o seu pandeiro Pascuala.
LUIS CORRAL
CÉLTIGA
Revista gallega de arte, crítica, literatura y actualidades.
Año VI Buenos Aires, Junio 10 de 1929